Este sábado 12 de decembro, a Casa da Cultura de Corcubión converteuse nun polvorín de sorrisos, alegrías e algunha que outra bágoa.
Ás 19.45 dou comezo o noso Festival de Nadal 2009, presentado por Natalia Ferrol e Alfredo Manuel González, onde o Grupo de Pandereteiras Millo Verde e o Grupo de Baile Nerio fixeron exhibición do aprendido durante este ano.
Playbacks dos rapaces e rapazas, sorteos de cestas de nadal entre os asistentes e socios (para agradecer a súa colaboración no presente ano) ou entrega dos premios do Concurso infantil de "Postais de Nadal" foron un dos eixos do festival.
Para lembrar queda a actuación de tres integrantes do Baile Nerio (Diego Díaz, mestre, Alejandro Lamas e Gustavo Mesías) emulando ás súas compañeiras de Grupo.
A directiva agradece o voso recibimento un ano máis, xa que unhas 200 persoas presenciaron o acto. Iso é o que nos anima a seguir traballando.
Lembrar tamén que ata o día 21 de decembro quedan participacións de lotería da Asociación cun custe de 5€ (xoga 4€ e 1€ de donativo) que podedes atopar no Kiosco Rosalía, Mercería Cacane ou preguntando a calquera membro da directiva.
¡¡¡FELICES FESTAS E BO NADAL!!!!
¡¡¡FELICES FESTAS E BO NADAL!!!!












